miércoles, 27 de abril de 2011

A ``oculta´´ discriminación do deporte.

Os xogadores do Villareal cobran máis cos do Betis pero menos cos do Valencia, os xogadores do Sevilla cobran maís cos do Valencia pero menos ca os do Madrid.
O seu soldo vai variando segundo a categoría do equipo e o nivel do futbolista.
Agora dime, que son das demáis persoas que se adican profesionalmente a un deporte non sendo o fútbol? A maioría non pode vivir diso sen embargo un futbolista ten que invertir o seu diñeiro en comprar cinco iates e dúas islas privadas porque se non o diñeiro desbordaríalle da súa mansión.
Non me malinterpretes, non digo que o fútbol non requira o seu sacrifizo e todo iso, o que está claro é que é un deporte que está sobrevalorado, hai unha enorme discriminación deportiva , por qué un atleta , por por un exemplo, non gaña nin a metade do que gaña calquera xogador de fútbol , cando a persoa estase sacrificando igual ou máis ca un futbolista? Iso non é xusto.
E non só é iso. Dime agora cantos deportes botan na televisión; fútbol, fútbol e máis fútbol, non hai outra cousa,bueno un partido de Nadal unha vez ó mes. Pero, e os demais? Ah!! Si é verdade nas Olimpiadas votan todiños, pero claro unha vez cada catro anos.
Tamén podemos analizar algo máis sobre a discriminación nos deportes.
Que é das mulleres?
Desapareceron? Non,home,non e que agora se non tes ``ovos´´ non cobras tanta importancia.
O mundo das ``tecnoloxías´´! Que lle queres!

2 comentarios:

  1. Boa entrada, é certo que o fútbol parece que mantén o liderato de deporte máis visto e seguido pero xa dentro dese mesmo deporte atopamos esas discriminacións porque cando televisan un paritdo femenino de fútbol? e canto cobran? E si, os atletas sufren outra grande discriminación.
    Saúdos! ;))

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas Carmen, pois si, esta é a cruel verdade.
    O pior é que esta DISCRIMINACIÓN está totalmente encuberta, e pouca xente se dá conta.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar