Os xogadores do Villareal cobran máis cos do Betis pero menos cos do Valencia, os xogadores do Sevilla cobran maís cos do Valencia pero menos ca os do Madrid.
O seu soldo vai variando segundo a categoría do equipo e o nivel do futbolista.
Agora dime, que son das demáis persoas que se adican profesionalmente a un deporte non sendo o fútbol? A maioría non pode vivir diso sen embargo un futbolista ten que invertir o seu diñeiro en comprar cinco iates e dúas islas privadas porque se non o diñeiro desbordaríalle da súa mansión.
Non me malinterpretes, non digo que o fútbol non requira o seu sacrifizo e todo iso, o que está claro é que é un deporte que está sobrevalorado, hai unha enorme discriminación deportiva , por qué un atleta , por por un exemplo, non gaña nin a metade do que gaña calquera xogador de fútbol , cando a persoa estase sacrificando igual ou máis ca un futbolista? Iso non é xusto.
E non só é iso. Dime agora cantos deportes botan na televisión; fútbol, fútbol e máis fútbol, non hai outra cousa,bueno un partido de Nadal unha vez ó mes. Pero, e os demais? Ah!! Si é verdade nas Olimpiadas votan todiños, pero claro unha vez cada catro anos.
Tamén podemos analizar algo máis sobre a discriminación nos deportes.
Que é das mulleres?
Desapareceron? Non,home,non e que agora se non tes ``ovos´´ non cobras tanta importancia.
O mundo das ``tecnoloxías´´! Que lle queres!
Boa entrada, é certo que o fútbol parece que mantén o liderato de deporte máis visto e seguido pero xa dentro dese mesmo deporte atopamos esas discriminacións porque cando televisan un paritdo femenino de fútbol? e canto cobran? E si, os atletas sufren outra grande discriminación.
ResponderEliminarSaúdos! ;))
Moitas grazas Carmen, pois si, esta é a cruel verdade.
ResponderEliminarO pior é que esta DISCRIMINACIÓN está totalmente encuberta, e pouca xente se dá conta.
Un saúdo.